"O principal obxectivo da ANPA é, segundo a nosa Proposta Educativa, buscar a integración da Comunidade Educativa, profesores e pais, e a súa implicación na educación dos seus fillos. Participar na xestión dos centros a través do Consello Escolar, sirvindo de ponte entre os pais dos alumnos e o colexio, cun representante no Consello".  

 

Teñen como función primordial axudar ao colexio e ás familias no que demanden, ben con axudas apoios materiais (dependentes estes dos ingresos de cada ANPA), axudando a organizar actividades extraescolares, formativas, charlas, obradoiros, actividades de convivencia, celebracións e festas, ... ”

 

ANPA do Colexio Sagrado Corazón de O Carballiño é unha Asociación composta polas nais e pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro escolar, que manifestasen o seu desexo de pertencer á mesma. É unha Asociación sen ánimo de lucro que se financia coas suscripcións que fan os pais. 


A Asociación formámola tódolos socios. Dentro da mesma existe unha XUNTA DIRECTIVA DE GOBERNO, formada polo presidente, vicepresidente, secretaria, tesoreira e vocais.

• Presidente: JOSÉ MANUEL FARIÑAS DARRIBA

• Vicepresidenta: MARÍA ISABEL VIEIRA POSADA

• Tesoreira: RAYMAR RIBEIRO ÁLVAREZ

• Secretaria: ESTHER SARA RODRÍGUEZ DOMONTE 

• Vogal: PATRICIA ARAÚJO 

• Vogal: JOSÉ MANUEL BARROS

• Vogal: Mª MONTSERRAT DECABO

• Vogal: VENUS ALONSO

 

ANPA colabora coa Comunidade Educativa para ofrecer actividades educativas aos alumnos e aos pais. Para levar a cabo estas actividades no só necesitamos a vosa inscripción, necesitamos tamén a vosa colaboración e participación activa.

 

Serán socios, os pais , nais ou titores legais matriculados no Centro Escolar, debendo manifestar o seu desexo de pertencer á Asociación, aceptando expresamente os Estatutos da mesma.

 

Se che interesa, deixa unha mensaxe a través do formulario de contacto da web cos teus datos de contacto e porémonos  en contacto contigo. 

Desde a Asociación póñense  en marcha diferentes actividades e preocúpanos todo o referente á educación dos nosos fillos no  Colexio.

 

Entre as principais actividades quedesenvolve a  ANPA destacan:

 

• Actividades de funcionamento xeral
• Actividades desenvolvidas  por e para o  Centro
• Excursións e saídas para os alumnos/as 

Para contactar coa ANPA podes deixar a túa  mensaxe a través do formulario de contacto da web (info@anpacarballino.com) .

ANPA do Colexio conta cun Blog  onde vai publicando as  actividades que sedesenvolven ó longo  de cada curso académico.

Para acceder ao Blog da ANPA fai clic na seguinte imaxe: