Os colexios de Franciscanas, tamén o noso colexio, contan coa  "Asociación de Antiguos Alumnos de FMMDP", que son parte da súa historia e manteñen viva a presenza da nosa Proposta nas súas vidas. 

Entre todos formamos un conxunto de persoas con distintos perfís profesionais, intereses culturais, necesidades e posibilidades que nos enriquecen e non deberiamos desaproveitar.

Buscamos:

  • Promover e fortalecer as relacións entre os colectivos relacionados con FMMDP 
  • Organizar múltiples actividades formativas, culturais e de lecer  para os seus membros sempre respectando a Proposta e a Normativa vixente