ORGANIZA: Centro Sociocomunitario do Carballiño.

COMUNICADORES: Concha e Eduardo.

DESTINATARIOS: Alumnado de 3º de ESO e 5º de EP.

LUGARES: Colexio Sagrado Corazón – Centro Sociocomunitario do Carballiño.

DATA E HORARIO:
 20 de marzo, mércores, no colexio, ás 16:30 h, 3º de ESO.
 26 de marzo, martes, no centro Sociocomunitario do Carballiño, ás 15:45 h, 5º EP.

RESPONSABLES:
 3º de ESO: Mila.
 5º EP: Isaura.

BREVE DESCRICIÓN:
Os programas interxeracionais defínense como medios para o intercambio intencionado dos recursos de aprendizaxe entre as xeracións de maiores e os máis novos á fin de acadar beneficios para todos os axentes implicados.
Estes beneficios redundarán significativamente tanto nos maiores que poderán sentirse recoñecidos e valorados como no alumnado que poderá trasladarse a outros tempos e absorber coñecementos non tan presentes nos currículos escolares. Asemade pretendese fomentar o contacto, o intercambio de experiencias e favorecer a cohesión social a fin de eliminar os estereotipos relativos á idade e creando espazos reais de convivencia.

OBXECTIVOS
Entre os obxectivos desta actividade cabe destacar:
• Favorecer o intercambio de experiencias entre os participantes.
• Transmitir valores como o respecto e a convivencia.
• Vencer os prexuízos e estereotipos relativos as diferenzas de idade.
• Crear vínculos entre os participantes e espertar o interese mutuo.
• Incentivar e desenvolver a imaxinación dos participantes.