Hoxe, 20 de febreiro houbo charlas formativas bucodentais. A Promoción da Saúde Bucodental na idade escolar ten un gran valor para a conservación da boca e os dentes durante toda a vida da persoa. Con medidas sinxelas e baratas adoptadas desde a etapa infantil, pódese previr a aparición das principais enfermidades bucodentais. Por iso é moi importante formar aos alumnos nesta hixiene.