Os cambios na lexislación educativa e o dinamismo da Entidade Titular dos nosos colexios, fixeron necesaria a actualización dos documentos, que se atopan nos alicerces da nosa organización e no funcionamento dos nosos Centros, para garantir que a intervención educativo-pastoral se realice conforme ás opcións da Proposta Educativa (Carácter Propio) e do  PEE (Proxecto Educativo Evanxelizador)

 

Ademais o Plan de Xestión, baseado no Modelo EFQM de Excelencia, require que o  RRI estea na liña do  resto dos Documentos Institucionais, tanto na súa estrutura, como no seu  contido.

 

Na elaboración do RRI (Regulamento de Réxime Interior) tívose en conta a lexislación vixente de ámbito nacional e a da nosa Comunidade Autónoma.