Na Insua dos Poetas, de O Carballiño, celebraremos o día da Auga, da Árbore e da Poesía. A Fundación Insua dos Poetas celebra desde hai nove anos este día en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, co Concello de O Carballiño, coa Deputación de Ourense e cos colexios do entorno de O Carballiño. Habitualmente estas xornadas conmemóranse, de acordo co calendario proposto pola UNESCO, o 21 e 22 de marzo.