O día 20 de marzo celébrase na Insua dos Poetas, a través da Fundación Insua dos Poetas e da Consellería de Educación,  o Día Mundial da Árbore, a Auga e a Poesía.

Os alumnado de 3º de ESO, participará no acto representando ao noso centro.

A temática para este ano será a POESÍA, xénero literario que se caracteriza por ser a máis depurada manifestación, por medio da palabra, dos sentimentos, das emocións e reflexións que poden expresar os seres humáns para falar da beleza, do amor, da  vida e da morte.