O noso colexio fundouse no ano 1931 tralas disposicións testamenteiras dos irmáns Prieto. Un deles, deixa os seus bens para a Fundación dun colexio para nenos e nenas necesitados. As relixiosas Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor encargaranse de levar a cabo o labor educativo.

 

Deste xeito, o longo do século XXI, o noso colexio é  un referente importante no desenvolvemento cultural e educativo da vila. Foi gozando da confianza de familias, pais e nais, que para a formación dos seus fillos, apostaron por unha Proposta Educativa Franciscana que sentaba os seus alicerces no carisma e estilo de vida da nosa fundadora, María Ana Mogas Fontcuberta que, como ninguén, soubo achegarnos a pegada de San Francisco de Asís.

 

NO SEGUINTE VIDEO FACEMOS UN RECORRIDO MOI RÁPIDO POLA HISTORIA DO NOSO CENTRO E APUNTAMOS ALGÚN ACONTECEMENTO CURIOSO SUCEDIDO NOS ÚLTIMOS ANOS (Preme na foto)

 

                   

 

Na actualidade, o noso centro conta aproximadamente con 300 alumnos/as, repartidos nos seguintes niveis:

 

• 3 aulas de Ed. Infantil
• 6 aulas de Ed. Primaria
• 4 aulas de Ed. Secundaria

 

Dende aquel entonces hasta hoxe, foron as relixiosas e os profesores segrares que, recollendo a testemuña das primeiras fundadoras, continuaron con aquel ilusionante proxecto co que lograron un fermoso labor formativo.