O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de ter charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixida, ao alumnado. O vindeiro 31 de xaneiro, teremos estas charlas para alumnos de 5º EP e 4º ESO, sobre temas como Acoso Escolar e  Violencia de Xénero; a partir das 09:00h. da mañá.