Non todos os nosos alumnos aprenden as materias do mesmo xeito, pois os nosos alumnos presentan distintos talentos, habilidades, experiencias e intereses. Ao existir diversas intelixencias, deben utilizarse tamén estratexias educativas diferentes e personalizadas para potenciar as calidades, segundo o tipo de intelixencia que predomine en cada alumno.
Antigamente, o ensino centrábase exclusivamente nas intelixencias lingüística e matemática, deixando de lado o resto. Pero o sistema educativo ha evolucionado producíndose cambios metodolóxicos co obxectivo de facilitar o existo no proceso de ensino-aprendizaxe.
Grazas á teoría de Howard Gardner ( IIMM) sobre as Intelixencias Múltiples, ábrese un novo abanico de posibilidades de desenvolvemento e dinamización dentro da aula, que resulta un gran salto cualitativo no modelo actual de ensino.
En cada persoa coexisten diferentes tipos de intelixencia. Segundo Gardner, a intelixencia non é un conxunto unitario que agrupe diferentes capacidades específicas, senón que cre en múltiples intelixencias interrelacionadas.
1- Intelixencia LINGÜÍSTICA:
É a capacidade de empregar de maneira eficaz as palabras, manipulando a estrutura da linguaxe, a fonética e a súa semántica. En definitiva, a capacidade que teñen os nosos alumnos para falar e escribir adecuadamente.
2- Intelixencia LÓXICO-MATEMÁTICA:
É a capacidade de manexar números relaciones e patróns lóxicos de maneira eficaz, así como outras funcións e abstraccións deste tipo.
3- Intelixencia ESPACIAL Ou VISUAL:
É a habilidade de apreciar con certeza a imaxe visual e espacial, de representarse gráficamente as ideas, e de sensibilizar a cor, a liña, a forma, a figura, o espazo e as súas interrelacións.
4- Intelixencia MUSICAL:
É a capacidade de percibir, distinguir, transformar e expresar o ritmo, timbre e ton dos sons musicais.
5- Intelixencia CORPORAL:
É a habilidade para usar o propio corpo para expresar ideas e sentimentos, e as súas particularidades de coordinación, equilibrio, destreza, forza, flexibilidade e velocidade, así como propioceptivas e táctiles.
6- Intelixencia INTRAPERSONAL:
É a habilidade da autoinstrospección, e de actuar consecuentemente sobre a base deste coñecemento, de ter unha autoimagen acertada, e capacidade de autodisciplina, comprensión e amor propio.
7- Intelixencia INTERPERSOAL:
É a capacidade de entender a outras persoas, interactuar con eles e establecer empatía .Poder discernir, comprender que lle sucede a outra persoa en determinado contexto e actuar de maneira apropiada en relación cos estados de ánimo, as condutas e os desexos desa persoa resulta de suma utilidade para comunicarnos efectivamente na nosa vida diaria.
8- Intelixencia NATURALISTA:
É a capacidade de distinguir, clasificar e utilizar elementos do medio ambiente, obxectos, animais ou plantas. Tanto do ambiente urbano como suburbano ou rural. Posúena no alto nivel a xente de campo, botánicos, ecoloxistas e paisaxistas, entre outros