Aquí poderemos atopar a información relativa ao proceso de admsión e a matrícula do curso 2018-2019:

En uso da autorización normativa contida no Decreto 254/2012, do 13 de decembro, a consellería desenvolve mediante unha orde o procedemento de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 15/03/2013).

DO 1 AO 20 DE MARZO DE 2018

Descargue o Anexo II “Documento de solicitude de admisión”, e  entregar orixinal e copia  en secretaría do 1 ao 20 de MARZO.

 

  • Descargar Anexo II

 

Esta solicitude será única e terá carácter vinculante (Artigo 14.2)

 

 

En  caso de separación ou divorcio cómpre que asinen os dous  proxenitores.

 

(Artículo 14.4)

1ª.- Segundo a lexislación vixente cada alumna e alumno tan só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2ª.- Que o alumnado que ten garantida a permanencia no centro, se presenta solicitude de admisión noutro disntinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.


3ª.- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 

CRITERIOS DE BAREMACIÓN E DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA (Fai Clic e Consulta)

En caso de cumprir  o proceso de baremación, o Centro solicitará esta documentación ás familias.

O alumnado de 4º de ESO poderá cubrir se o desexa desde o 1 ao 15 de febreiro o Anexo 1 se quere continuar os estudos no IES Chamoso Lamas. Se o quere facer no IES nº 1 terá que facelo no período ordinario (2-20 de marzo) coa documentación axeitada.

 

  • Descargar Anexo I