Na Escola...

Data de celebración: 1 de marzo.

Os obxectivos que se pretenden alcanzar coa actividade proposta son:


• Manifestar interese por compartir cos alumnos a tradición, as festas de Galicia e os sentimentos de alegría en situacións lúdicas como disfrazarse …
• Bailar cancións relacionadas co Entroido e pasalo ben todos xuntos
• Colorear e pintar láminas con motivos e traxes do Entroido Galego
Entrada e horario: Axustarémonos ao horario lectivo. Excepto a ESO que sairá ás 13:30 horas.

Atención dos alumnos nas aulas: cada profesor atenderá as actividades de Entroido que lle corresponda na súa hora e será o responsable desa clase.

Actividades a realizar nas aulas: propias do Entroido propostas polo profesor que lle corresponda atender aos alumnos nese momento ou outras propostas pola Comisión. 

Hora de baixada ao patio ESO: 10:30 EP: 11:00

Disfraces:

Disfrazarse é totalmente voluntario.
Haberá desfile de disfraces e outras actividades no patio.
O titor responsabilízase dos disfraces da clase: grupal de clase, individual, por grupos…
Os alumnos virán disfrazados da casa

Hora de saída: A actividade rematará ás 13:30 que será a hora de saída