Entendemos a necesidade de fomentar actividades relacionadas coa potenciación das linguas estranxeiras para perfeccionar idiomas (inglés), medrar persoalmente e coñecer outras culturas. Por iso no ámbito curricular:

  • En Ed. Infantil temos iniciación ó inglés
  • En Ed. Primaria impártense en Inglés as materias de Artística (Música e Plástica) e as de libre configuración
  • En Ed. Secundaria introducimos o longo de todos os cursos unha segunda lingua (Francés)

Ademais no ámbito informal:


"O Departamento de Linguas Estranxeiras ofrece diferentes actividades, campamentos e intercambios para fomentar o  uso de diferentes idiomas"

 

 

 

Centro Examinador do Oxford Test of English 

O noso colexio CPR Plurilingüe Sagrado Corazón será o único centro examinador rexistrado na zona de O Carballiño. Oxford  ten  unha gran  traxectoria como entidade certificadora. 

 

O Examen de inglés, The Oxford Test of English, é un exame desenvolvido por Oxford University Press e avalado pola Universidad de Oxford para acreditar niveis B1 e B2 para personas de 15/16 anos en adeiante. Ademais do recoñecemento da Xunta de Galicia o exame é recoñecido por CRUE (Conferencia de Rectores das Universidades Españolas) e por ACLES (Asociación de centros de linguas na ensinanza superior) para a acreditación dos niveis de inglés A2, B1 e B2.