A xestión de Calidade no noso colexio ten como finalidade a  eficacia  no desenvolvemento dos obxectivos  estratéxicos e a eficiencia  na utilización dos recursos dispoñibles para conseguilos. Deste modo garantimos a sostenibilidade da nosa Misión.

Para asegurar a calidade da nosa xestión o Centro ten un Sistema de Calidade baseado na Norma ISO 9001:2008. Desde 2006, distintas auditoría externas feitas por Bureau Veritas, dan fe da nosa xestión de Calidade na: "Prestación de servizos educativos para a ensinanza regulada nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria do noso centro"

Certificación Norma ISO 9001 (Fai clic)

 

Ademais na nosa  xestión tomamos como referencia o marco que establece o Modelo EFQM de Excelencia, na liña do Plan de Xestión Institucional, onde se artellan os criterios que debe de seguir o noso  Centro para cumprir cos seus obxetivos estratéxicos e liñas estratéxicas ás que fai  referencia o Plan Estratéxico Institucional.

 

O noso colexio conta segundo o AVALIADOR ACREDITADO, LICENCIATARIO DA FERRAMENTA PERFIL, E MEMBRO DE CONFEDERACIÓN DE CENTROS EDUCACIÓN E XESTIÓN, ORGANIZACIÓN SOCIA DO CLUB EXCELENCIA EN XESTIÓN VÍA INNOVACIÓN, en autoavaliación realizada no 2013,  cunha puntuación de 295 puntos conforme o modelo EFQM.

 

 

Certificación de Autoavaliación (Fai clic)

 

Equipo de Calidade Provincial, fai seguimento dos criterios establecidos no Plan de Xestión Institucional apoiando ao centro na sistematización das súas actuacións. Calidade, eficiencia e axilidade son os tres principios que rexen a Xestión de Calidade no noso colexio.