Estamos de festa! Hoxe é o aniversario de María Ana e por iso todos os colexios que formamos parte da Fundación lembramos e celebramos este día.
O 13 de xaneiro de 1827 nacía María Ana no Hostal do Lledoner, no límite entre Corró d’ Avall e Granollers (Barcelona). A medida que vai crecendo, faise máis grande nela o desexo por educar ás nenas sen recursos, ata que aos poucos, e tras moitos acontecementos, chegará a fundar os seus propios colexios e unha congregación, a das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor.
Hoxe vivimos o carisma de María Ana en cada un dos nosos colexios. Todos os que formamos parte desta Familia vivimos con alegría este día e damos grazas a Deus por María Ana Mogas, aquela muller que se propuxo un obxectivo: educar con amor de nai.
Feliz aniversario de María Ana!