A inclusión: camiño para a paz, a igualdade e a xustiza social

Con este lema iniciamos o segundo bloque de contidos correspondente ao noso proxecto “Deporte e Sustentabilidade”, no que os 18 colexios da Fundación traballamos de maneira conxunta os Obxectivos da Axenda 30. Neste segundo trimestre imos desenvolver actuacións que poñan o noso gran de area en alcanzar o ODS 16.

Cada persoa é distinta, coas súas características, intereses e capacidades propias. Estas diferenzas non han de ser motivo de rexeitamento nin de exclusión. Aceptar a individualidade de cada un fainos crecer como familia e desenvolver en grupo actuacións solidarias, de tolerancia e respecto. Se todos aceptamos e incluímos ao outro na nosa vida podemos construír unha sociedade máis xusta e en paz, na que as diferenzas non sexan causa de conflito senón de encontro.

¡Compártelo!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas