Xuntos pola paz en Ucraína

xuntos pola paz ucraína

Ante a situación que vive Ucraína, e facendo real o lema «Xuntos pola paz», non podemos quedar sen facer nada. Por iso, o noso colexio será punto de recollida na campaña que Cáritas puxo en marcha para enviar axuda urxente a este país en guerra.

Cada semana clasificaremos as doazóns e entregarémolas en Cáritas Parroquial O Carballiño desde onde as farán chegar aos afectados por esta horrible situación.

Estamos seguros de que entre todos seremos capaces de axudar a esas persoas que tan mal o están pasando.

Necesítase:

  • Enseres: mantas, sacos de durmir, cueiros infantís, toalliñas húmidas, compresas para mulleres, luvas e gorros (para os homes teñen que ser de cor escura), luvas de látex, cadeiras de rodas, muletas.
  • Comida: comida instantánea, conservas, café soluble, té… É importante que a comida non necesite preparación xa que non dispoñen de onde cociñar. Ademais non pode vir envasada en frascos de cristal por motivos de seguridade.
  • Medicamentos: vendaxes, auga osixenada, iodo, clorhexidina, analxésicos, antiqueimaduras, antibióticos, protectores gástricos, sets de primeiros auxilios…

As doazóns pódense entregar durante o horario escolar.

«Non nos cansemos de facer o ben» (Ga 6,9)

Grazas pola vosa colaboración.

Entre todos… xuntos pola paz en Ucraína!

 

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas