Listas provisionais admitidos

listas provisionais admitidos

Listas provisionais de admitidos.

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 11 de xaneiro de 2022 iniciouse o trámite do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

A partir de maña, día 26 de abril, estarán dispoñibles as listas provisionais de admitidos para o curso 2022/2023.

Estas listas pódense consultar no propio centro educativo, sen necesidade de cita previa. Posteriormente, no mes de xuño será preciso formalizar a matrícula.

A formalización da matrícula para as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria será do 20 ao 30 de xuño e para Educación Secundaria terá lugar do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Para máis información contacta con nós no 988 27 01 94 ou nas nosas redes sociais: Instagram / Facebook .

¡Compártelo!

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on pinterest
Pinterest
Share on linkedin
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas