Ao teu carón

Volvemos ao teu carón

 

De novo volve o son dos alumnos polos corredores, o ruído das cadeiras e as mesas ao moverse, a voz dos mestres explicando  na aula, os botes dos balóns nos patios, os alumnos falando e xogando nos recreos, o son da fotocopiadora funcionando, o timbre para avisar que o tempo de descanso rematou… Volve o cole!

 

E coa súa volta, comeza un período no que aprenderemos materias, datos,… ampliaremos os nosos coñecementos. Pero tamén conviviremos, coñeceremos persoas novas, reencontrarémonos con aquelas coas que estivemos o curso pasado, aprenderemos o valor da amizade, o compañeirismo, o respecto e a proximidade.

 

Todos xuntos, profesores, alumnos, persoal de administración e servizos, irmás Franciscanas da Nai do Divino Pastor,… formamos esta gran familia de Franciscanas Ana Mogas e somos responsables de que o noso colexio sexa un lugar onde o coidado do outro sexa unha prioridade. Por iso, este curso, máis que nunca queremos estar e estaremos: 

 

Ao teu carón!

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas