MARÍA ANA, UN ESTILO DE VIDA

Este 6 de outubro péchase un ano de acción de grazas. A familia de María Ana Mogas clausuramos un ano festivo no que celebramos os 25 anos da beatificación en Roma da nosa fundadora. Un ano repleto de fitos significativos, oportunidades para lembrar o estilo de vida dunha gran muller e o dunha gran familia, que segue dando froitos de amor e de tenrura en lugares de misión diseminados por América, África, España e Italia.

Hoxe é a festividade de María Ana, agora beata, noutro tempo “unha santa da porta da beira”, que foi para os seus contemporáneos reflexo da presenza de Deus. É un día para o recordo e para conmemorar que merece a pena seguir vivindo a actualidade do Evanxeo. 

Irmás alegres e entregadas, laicos comprometidos, fan vida a Palabra de Jesús emulando a súa mirada e a da nosa fundadora, e descubrindo que aínda quedan moitas sementes que sementar para que dean froito; un froito abundante como o que deu na súa vida a nosa Nai María Ana Mogas.

Para todos os que nos sentimos admirados polo estilo de vida da nosa fundadora, moitísimas felicidades! Agora ábrese un novo tempo de misión educadora e evanxelizadora. Tempo de esperanza…  

Feliz Día de María Ana!

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas