HÁBITOS SAUDABLES

Este ano retomamos o proxecto DEPORTE E SOSTIBILIDADE co obxectivo de seguir fomentando unha cultura de Educación Ambiental Integral nos nosos colexios. Os alumnos realizarán actividades, vinculadas aos ODS,  relacionadas cos hábitos saudables, a inclusión e o medioambiente.

No primeiro trimestre poñeremos o foco de atención na adquisición de hábitos saudables no noso día a día.  Estas rutinas van desde a alimentación saudable ata a actividade física, pasando polas horas de sono ou a hidratación. Todo para facer realidade o lema do trimestre:

“CRECER SAN DEPENDE DE TI”.

Ademais, o 16 de outubro celebramos o Día Mundial da Alimentación, unha celebración promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), co claro obxectivo de diminuír a fame no mundo. A falta de acceso a unha   alimentación saudable repercute na saúde de moitas familias. Necesitamos construír un mundo sostible onde todos, en todas partes, teñan acceso regular a suficientes alimentos nutritivos. Ninguén debería quedar atrás:

https://www.fao.org/world-food-day/

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas