DOMUND 2022

Este ano a campaña do DOMUND 2022 lévase a cabo baixo o lema “Seredes as miñas testemuñas”. O domingo 23 de outubro, a igrexa universal colabora coas misións. Este ano o Domund celebra 200 anos ao servicio da misión, dando LUZ naqueles lugares onde reina a oscuridade a causa da guerra e da fame.

O noso colexio, como cada ano, ponse do lado das persoas que sempre están con aqueles que non teñen para comer, que están sós e enfermos, que non poden ir ao colexio e que non coñecen a Deus: OS MISIONEIROS. Homes, mulleres, familias enteiras que deixan as comodidades do seu día a día para axudar aos que o necesitan. A nosa colaboración facilitará que o seu labor faga do noso mundo un lugar un pouco máis digno cada día.

Grazas á  colaboración de toda a nosa comunidade educativa podemos enviar aos misioneiros unha gran axuda.
Síguenos en Facebook e Instagram para ver todo o que fixemos durante esta campaña.
Grazas a todos!

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas