SOMOS FAMILIA

Desde a área de Pastoral da Fundación Educativa Franciscana Ana Mogas queremos  que coñezades á nosa familia: a Familia Carismática de María Ana Mogas. Pode que moitos xa a coñezades, pero… todas?

Saber que formamos parte desta familia permítenos coñecer a riqueza do noso carisma que se fai presente en distintas realidades: irmás, laicos, voluntarios, misioneiros… Para iso, ideamos un proxecto no que persoas da familia teñan a oportunidade de dar a coñecer de maneira breve o que significa para cada unha delas pertencer á familia de María Ana Mogas, desde a súa vocación ou opción de vida cristiá. Así, todos os meses do curso, en torno ao día 6, publicaremos un vídeo-testemuño que será difundido a través das nosas redes sociais e páxina web.

Como non podía ser doutra maneira, comezamos este proxecto coa publicación do vídeo da Irmá Rosario Sánchez Benito, Superiora Xeral da Congregación das Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor. Elas, as nosas irmás, foron as continuadoras do labor que María Ana comezou en 1850 en Ripoll e, grazas a elas, os nosos colexios chegaron á actualidade seguindo o mandato de María Ana: “educar con amor de nai”.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas