FAMILIA CARISMÁTICA: AMAM

familia carismatica

Achegámonos á celebración do aniversario do nacemento de María Ana o próximo 13 de xaneiro. O seu carisma segue vivo en cada un dos que formamos parte desta gran familia, nos nosos colexios, grupos de fe… Hoxe achegámonos ata a Asociación María Ana Mogas (AMAM).

Tal como nos conta no seu blogue, AMAM nace a mediados de 1990 froito da inquietude de catro profesoras arxentinas do colexio María Ana Mogas de Buenos Aires que, na súa condición de laicas, desexaban vivir o carisma da Beata María Ana Mogas. Esta inquietude presentárona á comunidade e foi recibida con entusiasmo. En 1999 o Vaticano aprobou os Estatutos da Asociación.

O obxectivo de AMAM é promover e potenciar a vida e misión do laico na Igrexa desde o espírito da nosa fundadora. Os laicos organízanse en fraternidades e nelas elixen unha opción de vida na que o Evanxeo é a súa norma de vida e a entrega aos demais a súa maneira de manifestalo, así como levar a mensaxe de paz, alegría e sinxeleza aos demais.

A través da formación, a experiencia comunitaria e a unión ás irmás nas diferentes etapas alcánzase o compromiso de asociado, vocación inspirada polo Espírito, desde o carisma de María Ana.  

AMAM está presente nos nosos colexios a través do profesorado e das familias que pertencen á asociación como reflexo da súa vocación de servizo. 

Vídeo

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas