Xa se iniciou o prazo para presentar as solicitudes do Fondo Solidario de Libros de Texto e Material Escolar para o próximo curso 2023/2024. A data límite para a entrega das solicitudes será o 21 de xuño.
Os destinatarios desta axuda son:
a) Fondo solidario de libros de texto.
- Alumnado que curse 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.
b) Axudas para a adquisición de libros de texto:
- Alumnado que curse 1º e 2º de educación primaria e educación especial.
c) Axudas para a adquisición de material escolar
- Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Tamén existe a posibilidade de presentar as solicitudes de forma presencial no centro educativo. Só é preciso descargar os dous anexos, cubrilos e presentalos na portería do colexio: ANEXO 1 e ANEXO 2
Para a resolución de dúbidas sobre este proceso estamos á vosa disposición na propia escola ou no teléfono 988 27 01 94