COMEZAMOS XUNTOS

Benvidos/as ao curso 2023-24! Un novo curso por gozar, aprender e crecer xuntos. 

Xa se disipou o nerviosismo do primeiro día de clase, e pouco a pouco a nosa rutina escolar vai tomando forma, coñecemos xa que clase nos tocou, reencontrámonos cos nosos compañeiros, amigos, profesores…volvemos ao cole! 

Comezamos un camiño no que xurdirán retos, obstáculos e situacións que, se cadra, de principio non son fáciles, pero que superaremos coa axuda de todos, porque no noso camiñar sabemos que non estamos sós. COMEZAMOS XUNTOS! 

Queremos que sintades que todos os que formamos parte desta Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas polo que vos acompañaremos cada día, formando unha gran familia, unha familia que a nosa fundadora, María Ana Mogas, comezou coa vocación de educar con amor de nai e na que cada un dos compoñentes se compromete a dar o mellor de si mesmo, e na que todos daremos grazas por:

ISO QUE TI ME DÁS. 

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas