800 anos da Regra bulada

Fai 800 anos, o 29 de novembro de 1223, o Papa Honorio III aprobou a Regra dos Irmáns menores ao Irmán Francisco e aos demais membros da Orde. Unha confirmación do que o Papa Inocencio III aprobara oralmente na famosa reunión de Roma cara a 1210. 

O propio Francisco lémbrao no seu testamento: 

“E despois de que o Señor me deu irmáns, ninguén me mostraba o que debía facer, senón que o Altísimo mesmo me revelou que debía vivir segundo a forma do santo Evanxeo e fíxeno escribir con poucas palabras e con sinxeleza, e o Señor Papa confirmoumo” ( Test 14-15) 

San Francisco propúxose vivir unha forma de vida que estivese máis de acordo co que nos pide o Evanxeo. 

Celebrar este aniversario non é só un mirar cara atrás, senón unha invitación para sentirnos familia franciscana e mirar cara adiante e ver como vivir hoxe o que Francisco viviu hai 800 anos.

https://www.youtube.com/live/5_YYnU9LYhU?se=Sf9kmCEn7Sb-qLko

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Social Media

Últimas entradas

Categorías

Relacionado

Otras entradas