IV TORNEO DEPORTIVO

Do 12 ao 14 de abril terá lugar o IV Torneo Deportivo Ana Mogas. Máis de 300 nenos e nenas, de 5º e 6º de Educación Primaria,  provenientes dos colexios da nosa Fundación en España xuntaranse no Colexio Sagrado Corazón de Fuencarral, Madrid, para participar nesta competición deportiva que cumpre xa a súa cuarta edición.

Os participantes xogarán nas modalidades de fútbol sala e baloncesto, de forma clasificatoria, de maneira que chegará á final o mellor de cada grupo (1 de baloncesto e 4 de fútbol). 

Agradecemos o labor dos máis de 40 voluntarios que axudarán para o bo desenvolvemento do torneo. O seu traballo é indispensable para que este torneo poida ser unha realidade.

É unha experiencia única para os nosos alumnos e alumnas, na que aprenderán valores como a deportividade, a superación e o esforzo. Todo iso, en tres xornadas nas que poderán estreitar lazos de amizade con alumnos doutros colexios que comparten o mesmo carisma, o de Franciscanas Ana Mogas.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas