O Coidado da Casa Común

Finalizamos o noso Proxecto de Deporte e Sustentabilidade neste último trimestre do curso, co obxectivo do «COIDADO DA CASA COMÚN». Neste terceiro bloque abordaranse as seguintes áreas do Pacto Educativo Global vinculadas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS):

  • FRATERNIDADE E COOPERACIÓN (Pacto Educativo Global),  abordando o ODS 6 que busca concienciar sobre a importancia do ACCESO A AUGA LIMPA POTABLE EN TODO O MUNDO. Conseguir este reto só será posible se traballamos en común e unimos esforzos para garantir o Coidado da Casa Común. 

O  Papa Francisco,  no Pacto Educativo Global dinos: “Todo está relacionado con todo, todo está creado para ser unha icona viva de Deus que é Trindade de Amor! Hoxe, por tanto, é unha tarefa prioritaria educar aos homes para que vivan este pacto, máis aínda, para que sexan pacto vivo en todas estas dimensións: para abrir os camiños do futuro a unha nova civilización que abrace na fraternidade universal á humanidade e ao cosmos. Esta vocación á fraternidade, este vivir en fraternidade hoxe é indispensable, non se pode camiñar sen ela».

  • TECNOLOXÍA E ECOLOXÍA INTEGRAL (Pacto Educativo Global) incluíndo os ODS:

7: Enerxía alcanzable e non contaminante

11: Cidades e comunidades Sostibles

13: Acción polo clima

14: A vida submarina

15: Vida de Ecosistemas Terrestres

A idea é reflexionar sobre como poñer a tecnoloxía ao «ao servizo dunha educación máis humana, máis xusta e ecoloxicamente responsable».

Por esa razón levarán a cabo distintas actividades e titorías nas nosas aulas que permitan aos nosos alumnos e alumnas reflexionar sobre estes temas.

 

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas