Axudas para libros de texto e material escolar

Desde hoxe, martes 21 de maio, e ata o vindeiro 21 de xuño estará aberto o prazo para  solicitar as axudas para a compra de libros de texto e material escolar, así como para participar no Fondo solidario para o vindeiro curso 2024/25.
O prazo está aberto ata o 21 de xuño e os trámites presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, as solicitudes poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora.
Podedes consultar toda a información entrando neste enlace.

A listaxe provisional do “Fondo solidario de libros e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar” publicarase, no colexio, o día 28 de xuño de 2024. O prazo de reclamación será durante os dous días hábiles seguintes desde o momento no que se publiquen as listas (1 e 2 de xullo de 2024). O listado definitivo publicarase o día 4 de xullo de 2024.
Poderedes acceder ao voso expediente por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros utilizando o certificado dixital ou chave 365.
Os vales para adquirir libros de texto de 1º e 2º EP e material escolar recolleranse no centro os días 10, 11 e 12 de xullo de 9:00 h a 14:00 h.

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas

Relacionado

Otras entradas