Portada » AMPA
O principal obxectivo da ANPA é, segundo a nosa proposta educativa, buscar a integración da Comunidade Educativa, profesores e familias, e a súa implicación na educación dos seus fillos. Participar na xestión dos centros a través do Consello Escolar, servindo de ponte entre as familias dos alumnos e o colexio, cun representante no Consello.
Teñen como función primordial axudar o colexio e as familias no que demanden (apoios materiais, axudando a organizar actividades extraescolares, formativas, charlas, talleres, actividades de convivencia, celebracións, festas…)
A ANPA do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño é unha asociación composta polas nais, pais ou titores legais dos alumnos matriculados no centro escolar, que manifestaron o seu desexo de pertencer á mesma. É unha asociación sen ánimo de lucro que se financia coas subscricións que fan as familias.