DIPLOMA DUAL AMERICANO

Diploma dual

O noso colexio implanta o programa de Diploma Dual

No marco do noso compromiso co plurilingüismo e coa excelencia educativa, o noso centro comezará a ofrecer a partir do curso 2025-2026 o Diploma Dual / High School Diploma, grazas ao convenio asinado con Académica Corporation, a maior institución educativa estadounidense creadora deste programa internacional.

Este programa, dirixido a alumnos e alumnas desde 2º da ESO, permite obter simultaneamente o título español e o High School Diploma estadounidense. A formación desenvolverase integramente en liña e en inglés, cun enfoque que fomenta non só a competencia lingüística, senón tamén a autonomía, a responsabilidade e a madurez do alumnado.

Os participantes cursarán seis materias do currículo americano ao longo da ESO, compatibilizándoas cos seus estudos habituais, como se se tratase dunha actividade extraescolar.

Convocámosvos a unha reunión informativa o vindeiro 18 de xuño ás 19:00 h no colexio, onde presentaremos todos os detalles do programa.

📎 Máis información:

¡Compártelo!

Facebook
Twitter
Pinterest
LinkedIn
Imagen de Fundación Ana Mogas

Fundación Ana Mogas