Cantas veces non diriamos esta famosa frase aos nosos fillos ou a escoitaremos aos nosos pais. E é que o momento de espertarse, moitas veces, adoita converterse nun caos, xa que as présas e os nervios domínannos e fan que un dos momentos pracenteiros do día se converta en algo estresante.

A clave para solucionar este caos é a organización. A elaboración dun horario permítenos calcular canto tempo temos que dedicar a cada actividade que temos que realizar antes de chegar ao colexio: almorzar, asearse, vestirse… Crear este cuadrante e poñelo en coñecemento de toda a familia fai que sexamos consciente dos tempos cos que xogamos.

Unha vez elaborado, temos unhas claves que nos poden axudar a que este calendario non se converta nun obstáculo máis na rutina e sexa unha auténtica ferramenta que nos axude:

- Preparación o día anterior. Todo o que deixemos preparado con antelación é calma que gañaremos: preparar a mochila, deixar nun sitio o uniforme ou a roupa que nos imos poñer, e mesmo deixar posta a mesa do almorzo daranos minutos extras.

- Durmir o suficiente. Segundo a Asociación Española de Pediatría ( AEP) un neno en idade escolar debe durmir entre 9 e 11 horas ao día, sempre atendendo ás necesidades persoais de cada alumno. No caso dos adolescentes, ter unha rutina de sono todos os días da semana, permitirá ao corpo ‘recargar as baterías’ mellor, ademais de favorecer a aprendizaxe adquirida.

- Espertar agradable. As boas formas, un ton agradable, e as mostras de agarimo, (bicos e abrazos), farán do espertar un momento propicio e favorable para poñerse en marcha.
Establecer as rutinas. Saber que tempo teño para cada tarefa permitirame actuar dunha maneira ou outra. Ademais, se anticipo e aviso do tempo que me queda para pasar a outra, serviralles para aprender a organizarse noutros aspectos do seu día a día.

- Eliminar distraccións. Non permitamos que axentes externos non nos distorsionen a paz que queremos alcanzar: televisión, tablets, xoguetes, etc…

- Reforzo positivo. Se cumpren as súas tarefas, un premio (material ou non) reforzará a adquisición deste hábito.

- Repasar. Antes de saír de casa é conveniente comprobar o calendario semanal para verificar que todas as tarefas están completadas e inspeccionar aos pequenos para ver que van equipados con todo o necesario para a súa xornada escolar.

Ánimo! E facede das mañás un momento pracenteiro para toda a familia.