O cuarto domingo de Pascua ten nos nosos colexios unha forza especial. Non só o Bo Pastor é unha figura entrañable para nós, senón que ademais, remítenos a María, a nosa Divina Pastora, que celebramos o sábado 24 de abril.

Ao redor dela xira, desde as orixes da nosa Congregación, a vida, o estilo educativo e o estilo de relacións nos nosos colexios. O estilo ao que todos queremos ser fieis, o que sentimos chamados a vivir e testemuñar, entre nós, cos nosos alumnos e familias.
Jesús Resucitado, o Bo Pastor, cóidanos, condúcenos, tómanos nos seus brazos aínda que pasemos “ cañadas escuras” e camiños difíciles. Oxalá nos deixemos “coidar”, “atopar” e “conducir por este Bo Pastor, que sempre vai ao noso lado.

E, xunto a El, por María, a Divina Pastora, a nai que guía e protexe, que defende e anima. A que preside a vida dos nosos colexios, á que tantas veces invocamos. Que cada día sintamos que estamos “boas mans”, nas súas mans. Dispostos a seguir camiñando, alegres e en paz, xuntos ao Bo Pastor e dispostos a ser pastores e pastoras para os demais.

FELIZ DÍA DA DIVINA PASTORA! FELIZ DOMINGO DO BO PASTOR!