O 23 de abril celébrase o Día Internacional do Libro. A UNESCO estableceu este día, por ser a data da morte de William Shakespeare, Inca Garcilaso de la Vega e do enterro de Miguel de Cervantes. Hoxe en día celébrase en máis de 100 países arredor do mundo.
Queremos aproveitar este día para resaltar os beneficios que achega a lectura:
- Estimula a imaxinación e creatividade.
- Favorece á aprendizaxe de palabras.
- Aumenta os niveis de atención, memoria e concentración.
- Incentiva o interese por distintas áreas.
- Desenvolve a axilidade mental.

Desde a fundación queremos destacar a importancia da lectura para os nosos alumnos, e como esta inflúe no seu desenvolvemento. Ademais, nos nosos colexios de Cataluña, hoxe tamén se celebra o día das lendas, as rosas e os libros:o Día de Sant Jordi.

LENDA DE SANT JORDI
Conta a lenda, que hai moito tempo, en Cataluña habitaba un dragón que tiña atemorizados a todos os seus habitantes. O dragón adoitaba sobrevoar as pequenas poboacións coméndose a todo o gando. Ninguén nin nada era capaz de enfrontarse a el e non existía forma de rematar con tanta miseria.
Os animais foron desaparecendo por culpa do dragón ata que chegou o punto de que non quedou ningún e debían empezar a sacrificar aos humanos para satisfacer os desexos da besta.
Para iso, o Rey debía realizar un sorteo no que todo o pobo se iría sacrificando un a un para manter estabilizado o apetito do dragón.
Chegou a hora do sorteo e a primeira persoa que debía ser sacrificada era a Princesa, a filla do Rey. A súa maxestade o Rey, era un home xusto co seu pobo e aínda estando moi triste ordenou que lla levasen ao lugar onde debía ser entregada ao dragón. A princesa, non protestou aínda que estaba moi asustada. Aceptou que o sacrificio era necesario para o pobo.
Chegou a hora, non parecía haber volta atrás, o dragón afiaba os seus dentes, a presa estaba disposta e preparada. Pero naquel momento, no horizonte, apareceu un xinete montado nun precioso cabalo, que se dirixía veloz ao lugar onde o dragón ía levar a cabo o maior sacrificio que se lembraba no reino.
Era o cabaleiro Jordi, un valente e intrépido guerreiro chegado das terras do norte, disposto a loitar contra o dragón e liberar á princesa das súas gadoupas. A batalla foi cruel, pero ao final Jordi, coa súa lanza, logrou chegar ao corazón do dragón, que morreu desangrado.
Do sangue do dragón creceu unha roseira, da que Jordi arrincou unha rosa para regalarlla á princesa que acababa de salvar.
Por este motivo, o día 23 de abril regálanse rosas e libros entre os namorados.