É o noso obxectivo fomentar unha cultura de Educación Ambiental Integral nos nosos alumnos. Por iso, durante este curso, imos levar a cabo o proxecto DEPORTE E SUSTENTABILIDADE, que seguindo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), pretende realizar actividades relacionadas coa actividade física, os hábitos saudables, a inclusión e o medioambiente.

Este trimestre baixo o lema “CRECER SAN DEPENDE DE TI”, traballaremos cos alumnos os hábitos saudables, cales son e como podemos fomentalos no noso día a día, de maneira que nun futuro poidan formar parte da nosa rutina diaria dunha maneira case inconsciente.

Lembrando que o 16 de outubro celebramos o Día Mundial da Alimentación, durante esta semana realizaranse titorías que sirvan de concienciación do importante que é coidar a nosa alimentación e practicar deporte para crecer sans. Ademais desde a materia de educación física durante este primeiro trimestre traballaranse actividades para potenciar os hábitos saudables.

Poñémonos en marcha para conseguir xuntos unha vida máis sa!