Durante este tempo litúrxico hai un símbolo que nos acompaña cada domingo: a Coroa de Advento. Aínda que de orixe pagá, a Igrexa adoptouna como mensaxe anunciadora da Vinda de Cristo.

 A súa forma circular lembra o amor inesgotable de Deus e a súa realidade infinita. Este amor de Deus aos homes non acaba nunca, e tamén ha de selo recíprocamente. Ademais, seguindo o mandamento que Cristo nos deixou, ese amor debe manifestarse aos nosos irmáns e ser todos un.

A Coroa de Advento está formada por ramas verdes. Estas ramas, xeralmente de folla perenne, representan a esperanza e a vida que atopamos en Jesús.

Sobre ela, sitúanse catro velas, xeralmente tres moradas e unha rosa. E é que, se por algo se caracteriza a Coroa de Advento, é por ser un símbolo de luz. Cada vez que nos achegamos máis a Deus, hai máis luz na nosa vida, por iso cada domingo acendemos unha vela, para que, o que é “Luz do Mundo”, ilumine coa súa presenza a nosa vida.

Unha desas catro velas é rosa. O morado na liturxia representa a vixilia, pero o rosa é símbolo de alegría. Esa vela acéndese o Terceiro Domingo de Advento ou de “Gaudete”. Este domingo significa un alto no camiño. Durante todo o Advento os cristiáns esperamos a nova Vinda do Salvador, e para iso tomamos unha actitude de alerta, vixiante. Pero o Terceiro Domingo reflexionamos sobre o feito mesmo do Nacemento do Neno Jesús. Por iso nos alegramos (“gaudete” en latín significa “alegrádevos”).

O que a nosa aventureira Mara atopa no bosque é esta vela rosada, que se acenderá este terceiro domingo porque pronto nacerá o Redentor.

 

https://www.youtube.com/watch?v=O5BudlxJmpY