“Alguén se pode imaxinar que cando Mozart se achegou por primeira vez a un piano alguén lle dixese: ‘Amadeus, non toques!” Con esta frase dirixíase aos 2000 asistentes do Congreso de Escolas Católicas, #Magister, o pasado 15 de novembro, Silvia Sanz Torre, directora da Orquestra Metropolitana de Madrid. Con esta afirmación, reclamaba a importancia da música como materia transversal.

Estudos científicos sinalan que a música ten efectos positivos no desenvolvemento cognitivo, creativo, intelectual e psicolóxico dos nenos: un traballo de investigación da Universidade de Northwestern apunta que o estudo da música mellora as capacidades neuronais dos alumnos. E é que a aprendizaxe musical permite axuda a fixar os contidos e a comprender, o que é moito máis importante, conceptos matemáticos e lingüísticos.

No estudo da música e/ou dun instrumento musical póñense en xogo fundamentalmente tres aspectos: a memoria visual, a memoria muscular ou xestual e a memoria auditiva, que interactúan nun complexo proceso intelectual. Este adestramento cotián contribúe a ampliar a memoria, xa aplicada a outros aspectos da vida, permitindo fixar os recordos, recentes ou antigos. Pero non só é cuestión de conceptos mentais, senón que ademais mellora a psicomotricidade, fainos adherir á persoa o concepto de ritmo, e sérvenos como instrumento para reducir a tensión e reforzar a nosa confianza. É ademais unha ferramenta de sociabilización, axúdanos a interrelacionarnos e a traballar en equipo.

Pero houbo un aspecto, ao que Silvia Sanz Torre, deu especial importancia no seu relatorio: a música é creatividade. A música fomenta no alumno a axilidade mental na procura da solución de problemas. Nesta sociedade en continuo cambio, a música pódenos axudar a afrontar os novos retos que se nos expoñan.

Un exemplo desa superación creativa é o ‘Concerto de Xoguetes’ que compuxo a partir de pezas clásicas o compositor Alejandro Vivas. Se non o vistes convídovos a que vexades o vídeo, e vos deixedes asombrar. O seu obxectivo, é “abrir os ollos dos que queren mirar, achegar a música aos que queren escoitar” e ir máis aló.

https://www.youtube.com/watch?v=YYoCz0_xoKU