PARABÉNS!

Fai 193 anos en Granollers (Barcelona) nacía María Ana. Os seus pais, Lorenzo e Magdalena coidárona no Hostal O Llenoder que rexentaban. Mª Ana foi medrando e víase que era unha nena feliz, con gran sensibilidade, de carácter forte e decidido. Intelixente e audaz, amosaba o seu agarimo e afecto a todos os que a rodeaban.

O seu soño sempre foi educar e converteuno na súa vocación. Este soño fíxose realidade e o seu legado chegou ata a actualidade grazas ao labor das Franciscanas Misioneras de la Madre del Divino Pastor que, adaptándose aos novos tempos, deron forma á Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas.

Por iso, esta semana celebramos a semana vocacional. É importante descubrir a que estamos chamados. Igual que María Ana sentiu que o seu camiño era educar con amor de nai aos que máis o necesitaban, cada un de nós debemos responder a esta pregunta: A que estou chamado? Que podo achegar á gran familia de María Ana? E para facelo, que mellor maneira que seguindo o lema deste ano: ESCOITA DENTRO DE TI.

Así que celebremos con alegría os aniversarios de María Ana Mogas, e sintámonos felices de pertencer a esta familia, “A FAMILIA DE FRANCISCANAS ANA MOGAS”.