O xurado da IV edición do premio Estatuto de Autonomía de Galicia de Debuxo e Redacción Escolar, que organiza a Deputación de Ourense, reuniuse no Pazo Provincial para seleccionar as obras premiadas deste ano;  un certame que baixo o lema "A nosa lingua" (artigo 5 do estatuto). Houbo 12 traballos de alumnos de ESO do noso colexio premiados. Os traballos foron premiados cun diploma, un lote de libros e unha viaxe a Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia. Os alumnos premiados asistirán o acto institucional de entrega dos premios que terá lugar o vindeiro 6 de abril ás 10:30h no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", para conmemorar o día do Estatuto de Autonomía de Galicia.

Destacado: