Desde a Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas queremos que os nosos colexios sexan centros que melloren a sociedade educando en valores e saúde a través do deporte.

Para iso iniciamos un programa inspirado e en liña coa Estratexia da actividade Física promotora da Saúde da unión Europea e o Plan Mundial para a Actividade Física da Organización Mundial da Saúde, e que aos poucos queremos que se vaia implantando en todos os centros.

Da man da ONG “Deporte para a Educación y la Salud”, os nosos profesores desde Educación Infantil ata ESO están a formarse para:

- Fomentar o cambio na tendencia ao sedentarismo, obesidade, sobrepeso e outros problemas derivados.
- Promover o deporte como ferramenta para a educación en valores.
- Fomentar hábitos de vida saudable nos nosos colexios.

O programa desenvolve actividades para lograr estes obxectivos tanto dentro como fora da aula, así como proxectos europeos que supoñen o compromiso de todos. Por iso, é necesario a implicación de toda a comunidade educativa: alumnos, profesores, familias… Só deste xeito conseguiremos transmitir aos nosos alumnos a importancia de coidarse e de todos os beneficios que ten facer deporte.
 

https://www.educacondeporte.org/los-colegios-comprometidos-nivel-bronce-...