Do 12 ao 17 de abril celebraremos a Semana da Fraternidade. Unha semana na que terán lugar distintos actos e celebracións nos nosos colexios, que nos permitirán, a alumnos e profesores, profundar neste valor.

Como membros dunha comunidade educativa que segue a espiritualidade franciscana comprometémonos a educar no comportamento fraterno, facendo que, no noso día a día, o respecto, a empatía, a acollida e a sinxeleza sexan a base da nosa convivencia, tal e como recolle a nosa Proposta Educativa .

Por iso, preparáronse diversas actividades para levar a cabo ao longo da semana:

Oración da mañá conxunta. O luns 12, todos os alumnos e profesores dos nosos colexios unirémonos realizando a mesma oración da mañá.


Xornada Deportiva da Fraternidade. O 13 e 14 de abril sucederanse distintas actividades deportivas nos nosos colexios, adaptadas a todas as idades, que respectando as medidas de seguridade e hixiene, nos permitan aprender o valor da fraternidade dunha maneira dinámica e divertida.


Webinar formativo. O sacerdote franciscano e responsable da pastoral educativa dos colexios franciscanos, Manuel Díaz Buiza, dará unha formación en liña o 14 de abril sobre este valor chave na familia franciscana, e como podemos facelo presente no noso día a día.


Eucaristía de Acción de Grazas. Desde a Parroquia de San Bonifacio de Madrid, o 15 de abril ás 10 h terá lugar a Eucaristía de Acción de Grazas, presidida por D. Francisco Cañestro González, profesor e capelán do Colexio Divina Pastora de Madrid.


Acto Final. O venres 16 ás 10 horas terá lugar o Acto de Clausura da Semana da Fraternidade que poderemos seguir por YOUTUBE.


Almorzo fraternal. Queremos levar o valor da fraternidade ás nosas casas e as nosas familias, por iso convidámosvos a compartir unha foto en redes sociais co hashtag #FraternidadFEFAM , nas que se nos vexa almorzando en familia na mañá do sábado 17 de abril.

Que esta semana sirva para profundizar nos trazos que nos vincula á familia carismática de María Ana Mogas, recoñecer ao próximo como un irmán, que se merece o noso respecto, comprensión e apoio, tendo especial predilección polos máis vulnerables e estender, como franciscanos, o sentido fraterno a todos os seres creados, respectándoos e coidándoos.

Feliz Semana da Fraternidade!