Esta semana celébrase en Madrid o SIMO (Salón Internacional de Tecnoloxía e Innovación Educativa), unha feira que aposta pola presenza nas aulas da tecnoloxía como ferramenta para favorecer a aprendizaxe e o coñecemento.

Os nosos alumnos son, o que Marc Prensky denominou, nativos dixitais. persoas que medraron con internet e o progreso tecnolóxico e o que ambos implican. Por iso, a súa presenza na aulas está xustificada. Ademais, as novas tecnoloxías fan que estean habituados a buscar as respostas dunha forma áxil e instantánea.

Pero a inclusión nas aulas das novas tecnoloxías ha de ser un complemento e non un sustitutivo, de maneira que o uso dun tablet ou un encerado dixital, converta ao estudante no protagonista da procura de coñecemento, reforzando a figura do profesor que lle orientará e dirixirá os seus pasos para obter o mellor resultado.

Son moitas as vantaxes das TICS (tecnoloxías da información e a comunicación) aplicadas na educación, aquí ímonos fixar só en tres:

Motivación. Ao estar familiarizados con elas, resulta máis atractiva a aprendizaxe, de maneira que lles resulta máis fácil fixar os contidos, á vez que se divirten.

Participación. Neste aspecto, os alumnos interactúan co profesor e entre eles. fomentado a aprendizaxe cooperativa.

Creatividade. Ao tomar papel protagonista na procura do coñecemento, pon en alerta á súa imaxinación e os seus sentidos, buscando a resposta ao problema exposto.

Por iso, nos colexios da Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas, cremos nas novas tecnoloxías como apoio para a aprendizaxe dos nosos alumnos do século XXI.

https://youtu.be/H6EbSRI7UIU