Desde os nosos colexios querémosvos transmitir unha mensaxe de esperanza e alegría. Por iso, aínda que esteamos separados nas nosas casas, queremos aproveitar esta crise para estreitar máis forte os lazos que unen ás persoas que formamos esta gran familia da Fundación Educativa Franciscanas Ana Mogas. Algúns rostros seguro que os coñecedes, pero haberá outras persoas que as vexamos por primeira vez.
Xuntos, seremos portadores de esperanza para todas as persoas que nos rodean. Permanecendo en familia, crearemos comunidade, tal e como quixo María Ana.
Así sempre: xuntos, en familia.