Departamento de Orientación

O Departamento de Orientación é o responsable de desenvolver actuacións para facilitar a atención ao alumnado, familias e educadores no proceso ensinanza-aprendizaxe.

Dende este campo preténdese dar solución ás necesidades do alumnado seguindo os principios de:

  • Individualización ou personalización da ensinanza.
  • Educación integral e adaptación social.
  • Coordinación interna e externa.
  • Transición de cursos e etapas.
  • Dar resposta ás diversas necesidades educativas do alumnado.
  • Estimulación da linguaxe.
  • Valoración e intervención en dificultades da linguaxe.