Educación Infantil

"O meu fillo xa vai ao colexio"

Aposta clara e decidida por unha ensinanza de calidade.

Dende os primeiros anos, con programas de estimulación temperá, potenciamos o desenvolvemento cognitivo dos nosos alumnos. Creamos un ambiente de aula rico en estímulos, potenciando a creatividade dos nenos, e axudámoslles para que se sintan máis felices. O noso Equipo de Orientación, con plans de Logopedia, Recuperación e Psicomotricidade, apoia en todo momento o noso labor. O uso da informática dende os tres anos, o inglés mediante auxiliares de conversa, o desenvolvemento musical, a iniciación ao espertar relixioso, unha aula específica de psicomotricidade e un estilo pedagóxico activo, completan, xunto cunha acción titorial esmerada e personalizada, o desenvolvemento integral da persoa.