Aposta clara e decidida por una ensinanza de calidade.
Cunha metodoloxía activa e innovadora, que incorpora programas como ACCA (aprendizaxe cooperativa), IIMM, Actividades para o desenvolvemento do Potencial de Aprendizaxe e Reforzo Educativo, non só atendemos á adquisición de aprendizaxes instrumentais e significativas, senón ao desenvolvemento das habilidades sociais e cognitivas ao igual que as competencias básicas. Continúan afianzando os seus coñecementos informáticos (robótica, Surface) e en lingua inglesa (bilingüismo e auxiliar de conversa). O noso proxecto de maduración humana e cristiá centrada nos valores do Evanxeo de Xesús de Nazaret, unido a unha escola participativa e de calidade, responde de maneira creativa e plural aos cambios incesantes da sociedade.