Aposta clara e decidida por unha ensinanza de calidade.
O noso obxectivo prioritario é favorecer o desenvolvemento harmónico e responsable dos nosos alumnos a partir dos principios e valores do Evanxeo de Xesús de Nazaret. Creamos un ambiente educativo no que destaquen o traballo en equipo e o rigor; o labor ben feito; o respecto, a convivencia, a disciplina e o compromiso solidario.
O papel dos nosos profesores non é o de meros transmisores de contidos, senón o de mediadores na aprendizaxe dos alumnos e da súa formación persoal. Algúns dos nosos retos didácticos son:
** As competencias básicas orientadas a mellorar o currículo e os procesos de ensinanza e aprendizaxe.