Portada » Linguas Estranxeiras
Entendemos como unha necesidade a existencia no noso centro de actividades relacionadas coa potenciación das linguas estranxeiras. No noso centro impartimos francés e somos centro bilingüe en inglés. Isto favorece o crecemento persoal e o coñecemento doutras culturas. Por iso no ámbito curricular levamos a cabo as seguientes medidas:
Contamos en todos os cursos cun profesor nativo (auxiliar de conversa) para estimular a produción oral dos nosos alumnos e facilitarlles a inmersión neste idioma.
Ademais, o departamento de linguas estranxeiras ofrece diferentes actividades, campamentos e intercambios para fomentar o uso de diferentes idiomas.