Portada » Matrícula
PROCESO DE MATRICULACIÓN
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN
ORDE do 21 de outubro do 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
INFANTIL
3 anos: 25 prazas.
4 anos: 7 prazas.
5 anos: 5 prazas.
PRIMARIA
1º: 6 prazas.
2º: 4 prazas.
3º: 0 prazas.
4º: 0 prazas.
5º: 0 prazas.
6º: 2 prazas.
SECUNDARIA
1º: 9 prazas.
2º: 1 praza.
3º: 9 prazas.
4º: 11 prazas.
Descargue o Anexo II “Documento de solicitude de admisión” e o Anexo II BIS «Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar» e entregue o orixinal e unha copia en secretaría do 1 ao 20 de MARZO. Tamén pode cumplimentalo a través da aplicación admisiónalumnado.
Esta solicitude será única e terá carácter vinculante.
15 xaneiro – 4 febreiro: reserva de praza en centros adscritos para aqueles alumnos que rematan etapa nun centro e pasan a outro adscrito.
1 ao 20 de marzo: prazo de admisión para os que entran novos no sistema educativo ou mudan de centro de xeito voluntario.
A listaxe provisional de admitidos e non admitidos deberá publicarse e ser accesible a través da aplicación informática o 25 de abril de cada ano, e indicará expresamente que se poderá formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
A listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total, publicarase e estará dispoñible a través da aplicación informática o 15 de maio.
Artigo 30. Xestión de solicitudes con fase de baremo
1. Cando os postos escolares dispoñibles en reserva non fosen suficientes para atender todas solicitudes, publicarase esta circunstancia no centro adscrito e no centro de adscrición e todo o alumnado deberá presentar necesariamente a solicitude de admisión.
2. Cando os postos escolares dispoñibles en admisión no centro indicado en primeiro lugar non sexan suficientes para atender todas as solicitudes, o citado centro docente abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao do remate do prazo para presentar as solicitudes, para que as persoas interesadas presenten de forma presencial nel a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados, para realizar á súa valoración e establecer unha orde de prelación.
3. Cando os postos escolares reservados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo sexa inferior ao número de solicitudes con informe favorable do equipo de orientación específico, o centro docente requirirá as persoas solicitantes para que acheguen de forma presencial a documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados e establecer unha orde de prelación.
Artigo 31. Documentación complementaria (ED550A e ED550B)
1. As persoas interesadas deberán achegar, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar, a seguinte documentación:
a) Anexo I-bis ou anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
b) Documento acreditativo da representación.
c) Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
d) Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio for inferior a 1 ano, deberá, achegar ademais escritura de compra, contrato de alugumento ou título que lexitima a ocupación da vivenda, así como recibos acreditativos do pagamento de subministracións (auga, luz…).
e) Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta allea: contrato de traballo en que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
f) Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta propia: certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT en que conste o enderezo do centro de traballo ou licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigado a estar de alta no dito censo.
g) Lugar de traballo. Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da unidade de persoal en que conste o enderezo do centro de traballo.
h) Libro de familia ou certificación de parto múltiple.
i) Documentación xustificativa da condición de familia monoparental.
k) Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
l) Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero de acordo co artigo 5 da Lei 11/2007, do 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
m) Certificado de vítima de terrorismo de acordo coa Lei 29/2011, do 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas do terrorismo.
n) En bacharelato (primeira solicitude de admisión nesta ensinanza): certificación académica da nota media do último curso finalizado nun centro privado non concertado de Galicia ou en calquera tipo de centro de fóra de Galicia.
ñ) Preferencia por estudos. Matrícula en ensinanzas regradas de música.
o) Preferencia por estudos. Matrícula en ensinanzas regradas de danza.
p) Preferencia por estudos. Matrícula nun programa de alto rendemento deportivo.
q) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
r) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
s) Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.
2. A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro docente.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código, o centro docente ou o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal e familiar na data de inicio do prazo de presentación de solicitudes, agás a situación económica, que será a do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural da solicitude.
Artigo 32. Comprobación de datos (ED550A e ED550B)
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administración públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
c) Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio fiscal anterior en 2 anos ao ano natural de presentación da solicitude.
d) Título de familia numerosa.
e) Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiar expedido pola Administración autonómica.
f) Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade por parte da persoa solicitante ou membro computable da unidade familiar.
g) En bacharelato (primeira solicitude de admisión nesta ensinanza): nota media do último curso finalizado (3º ou 4º da ESO) nun centro público ou privado concertado de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e no de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Artigo 33. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude (ED550A e ED550B)
Os trámites posteriores ao inicio do procedemento deberán realizarse presencialmente no centro docente.
Artigo 34. Criterios de desempate
1. En caso de empate na puntuación total, resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo seguindo a orde de prelación do artigo 13.
2. Se persistise o empate, resolverase tendo en conta o resultado dun sorteo público anual que realizará a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a última semana do mes de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.
Neste sorteo extraeranse aleatoriamente dúas bolas dun conxunto de dez, numeradas do 0 ao 9. Antes de proceder a cada extracción, volverase a introducir a bola extraída con anterioridade. O número obtido ao colocar de esquerda a dereita e pola mesma orde de extracción as bolas divídese entre cen; se o número obtido fose “00” hai que considerar que a extracción se corresponde co número 100 para facer a división. Este número multiplícase polo número de solicitudes empatadas en cada centro e curso e o resultado desta multiplicación redondéase á alza.
O dito número enteiro determina a posición ordinal da solicitude que ocupará o primeiro lugar e, a partir desta, a orde das sucesivas solicitudes empatadas, previamente ordenadas de forma ascendente e correlativa con base no número aleatorio asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación no sistema.
Artigo 35. Listaxes provisionais e definitivas do alumnado admitido e non admitido
1. A dirección dos centros públicos e a titularidade dos centros privados concertados publicará a relación nominal de todo o alumnado admitido e non admitido por curso, pola orde da puntuación provisional total obtida.
2. A listaxe provisional deberá publicarse e ser accesible a través da aplicación informática o 25 de abril de cada ano, e indicará expresamente que se poderá formular reclamación, no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar, no caso de centros públicos, e ante a titularidade, no caso de centros privados concertados.
3. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.
4. A listaxe definitiva do alumnado admitido e non admitido, ordenado segundo a puntuación total, publicarase e estará dispoñible a través da aplicación informática o 15 de maio de cada ano, e permanecerá exposta e accesible ata o día de inicio do novo curso escolar; así mesmo, deberá indicar expresamente a forma concreta para a súa impugnación, órgano competente e prazo, de acordo co artigo seguinte.
5. A persoa solicitante ou, de ser o caso, a súa representante, a outra persoa proxenitora, titora ou acolledora do alumnado, ou o propio alumno maior de idade ou menor emancipado, sempre que teñan solicitude de admisión presentada en prazo, poderán consultar na secretaría do centro as listaxes coas puntuacións provisionais e definitivas desagregadas dos distintos criterios de admisión do alumnado do mesmo curso e centro, logo de acreditación da súa identidade e logo de asinar un compromiso de uso e confidencialidade.
Artigo 36. Impugnación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido
1. No caso de centros públicos, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
2. No caso de centros privados concertados, as persoas interesadas poderán formular reclamación ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
3. En ambos os casos, a resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa. Na notificación desta resolución á persoa interesada deberá indicarse expresamente que contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo, o órgano competente e o prazo para a súa interposición.
Artigo 37. Adxudicación de posto escolar
1. A adxudicación dos postos escolares efectuarase seguindo a orde de prelación que resulta da puntuación total dos criterios de baremo, tendo en conta que:
a) O alumnado que teña reserva de praza por proceder dun centro adscrito terá prioridade para a adxudicación do posto escolar no centro de adscrición respecto do resto de alumnado.
b) O alumnado que curse simultaneamente ensinanzas regradas de música, danza ou deportivas de alto rendemento e de educación secundaria terá prioridade respecto do alumnado que non teña reserva de praza nos centros docentes concretos que determine a persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación.
2. A adxudicación dos postos escolares reservados a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo efectuarase entre este seguindo a súa orde de prelación, tendo en conta a prioridade para a adxudicación ao alumnado que tiña reserva de praza por proceder dun centro adscrito. Cando non obtivese unha destas prazas reservadas, participará no procedemento de admisión en condicións de igualdade co o resto do alumnado.
As prazas reservadas a alumnado con necesidades específicas de apoio educativo non adxudicadas poderán adxudicárselle ao resto do alumnado.
Artigo 38. Comunicación da adxudicación de postos escolares
1. Os centros docentes remitiranlle á xefatura territorial, nos 2 días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe definitiva de alumnado admitido, a seguinte documentación:
a) Listaxe definitiva do alumnado con posto escolar no centro.
b) Listaxe definitiva do alumnado sen posto escolar no centro, se é o caso, xunto coa documentación presentada.
c) Número de postos escolares non cubertos, detallados por cursos e niveis, de ser o caso.
2. Así mesmo, cando adxudiquen postos escolares a alumnado con dereito de permanencia noutro centro, comunicaranllo a este no prazo indicado.
3. Ademais, os centros remitiranlle á xefatura territorial as solicitudes de admisión que perdesen o dereito a participar no procedemento de admisión ordinario por estar presentadas despois do remate do prazo de presentación de solicitudes ou por algunha das causas previstas no artigo 8.
Artigo 39. Adxudicación subsidiaria de postos escolares
1. Cando exista alumnado con solicitude en prazo non admitido no centro docente indicado en primeiro lugar, deberá constituírse con carácter preceptivo a comisión de escolarización, que baremará estas solicitudes de forma sucesiva, para cada un dos centros solicitados en que existan postos vacantes, seguindo a orde de preferencia manifestada na solicitude, para determinar a súa puntuación no centro concreto.
2. A xefatura territorial correspondente remitiralle á comisión de escolarización a documentación indicada no artigo 38.1.b) e 3.
3. A comisión de escolarización valoraa, á vista da documentación recibida, tendo en conta os postos escolares non cubertos nos respectivos centros e niveis e a preferencia manifestada na solicitude en segundo lugar.
4. Cando non existan postos dispoñibles do curso ou nivel no centro indicado en segundo lugar, determinarase a puntuación que lle corresponde no centro indicado en terceiro lugar e, se é o caso, nos posteriores, seguindo sempre a orde de preferencia manifestada na solicitude na forma indicada no punto anterior.
5. Unha vez determinada a puntuación que lle corresponde ao alumnado afectado no centro concreto, a comisión de escolarización comunicaralle á xefatura territorial o resultado da súa valoración para adxudicar os postos escolares dispoñibles ao alumnado que, no nivel de preferencia que se estea considerando, obteña a maior puntuación.
6. A persoa titular da xefatura territorial elabora a proposta de adxudicación subsidiaria de postos escolares nos centros en que, segundo o resultado deste proceso, se vaia producir a escolarización da alumna ou do alumno e remítella aos centros docentes.
7. Se, logo de valorar os criterios de baremo xustificados polo alumnado en todos os centros indicados na súa solicitude as puntuacións acadadas nos respectivos centros non lle permitisen obter posto escolar en ningún deles, a comisión de escolarización proporá a adopción das medidas necesarias para a súa escolarización nun centro sustentado con fondos públicos.
Artigo 40. Adxudicación de postos escolares en caso de perda do dereito a participar no procedemento de admisión: deficiencias e fóra de prazo
1. Rematada a adxudicación subsidiaria de postos ás solicitudes de admisión presentadas en prazo, escolarizarase o alumnado que perdese o dereito a participar no procedemento de admisión ordinario por presentar a solicitude de admisión (ED550B) despois do remate do prazo de presentación de solicitudes e antes da data de publicación da listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido, por deficiencias ou calquera das causas previstas no artigo 8.
2. Antes do inicio do curso escolar, escolarizarase o alumnado que perdese o dereito a participar no procedemento de admisión ordinario por presentar a solicitude de admisión (ED550B) despois da data de publicación da listaxe provisional do alumnado admitido e non admitido e antes do inicio do curso escolar.
3. En ambos os casos, corresponderalle a proposta das medidas necesarias para súa escolarización nun centro sustentado con fondos públicos:
a) Á comisión de escolarización.
b) Á inspección educativa da xefatura territorial correspondente, cando non se constituíse comisión de escolarización.
A escolarización deste alumnado farase tendo en conta a preferencia manifestada na solicitude, se for posible.
O alumnado de 4º de ESO poderá cubrir dende o 15 de xaneiro ao 4 de febreiro o Anexo I se quere continuar os estudos no IES Chamoso Lamas (centro adscrito ao noso). Se o quere facer noutro centro terá que facelo no período ordinario (1-20 de marzo) coa documentación adecuada.